Saltar navegación

Agrupando datos en clases

Situación

Preguntouse aos 100 estudantes dun curso pola súa altura en centímetros, resultando os seguintes datos:

173 162 158 180 156 172 170 171 165 164 152 165 169 190 174 156 186 177 164 169
154 170 151 167 160 171 172 174 167 177 153 183 188 168 155 166 170 174 160 157
159 162 176 169 175 164 180 175 169 158 164 166 170 173 155 156 165 165 159 163
181 179 160 181 172 169 150 184 153 163 163 175 155 161 172 165 179 178 168 165
177 158 170 170 166 180 172 169 161 157 169 174 176 160 181 179 164 171 169 162

Táboa de frecuencias

  • Copia a listaxe de datos e pégaa na Folla de cálculo de GeoGebra.
  • Comezamos por definir as clases que se utilizarán. O comando Clases permite indicar ou ben o número de clases ou ben a anchura das clases (e neste caso, tamén onde empezar).
    • clases = Clases(A1:T5, 150, 5)
    • n = Lonxitude(A1:T5)
  • A continuación xa é posible elaborar a táboa de frecuencias cos datos agrupados en clases. Aparecerá na Vista gráfica.
    • TáboaFrecuencia(clases, A1:T5)

Gráficos estatísticos

  • Por tratarse dunha variable continua, á hora de representar os datos graficamente queremos optar por un histograma. Para iso é preciso contar cunha lista que conteña a frecuencia absoluta de cada clase.
    • frecuencias = Frecuencia(clases, A1:T5)
    • Histograma(clases, frecuencias)
  • Tamén podemos representar o polígono de frecuencias correspondente.
    • polfrec = PolígonoFrecuencia(clases, frecuencias)

Parámetros estatísticos

  • Cando se teñen poucos datos é relativamente doado atopar os valores mínimo e máximo, pero cando o tamaño do estudo aumenta precisamos axuda.
    • min = Mínimo(A1:T5); max = Máximo(A1:T5)rango = max - min
  • Para obter os parámetros básicos procede igual que na actividade anterior: podes empregar a listaxe enteira de datos.
    • media = media(A1:T5)
    • varianza = Varianza(A1:T5)
    • desvest = sqrt(varianza)
  • Neste caso, a diferenza da actividade anterior, non nos imos limitar a calcular a mediana e os cuartís, senón un percentil calquera.
  • Para iso, primeiro crea un Esvarador, premendo na icona  da barra de ferramentas.

  • Isto permitirá que poidamos mover dinamicamente o esvarador e ver como varía o percentil.
    • p = Percentil(A1:T5, percentil / 100)

A ferramenta de análise

  • Ao igual que na actividade anterior, GeoGebra ofrece a posibilidade de implementar unha análise dos datos de forma directa.
  • Sitúate na Folla de cálculo e seleccionan co rato -premendo e arrastrando- a listaxe enteira de datos que tes dende o principio.

  • Preme na icona Análise dunha variable  que atoparás na barra de ferramentas.

  • Na vista que aparece a continuación, podes indicar -na parte superior esquerda- se queres que se amosen os parámetros estatísticos básicos, os datos que se están a usar, e un ou dous gráficos.

  • Nesta ocasión interésanos o Histograma. Esta ferramenta só permite modificar o número de clases que incluirá, pero non a súa anchura.



 

Feito con eXeLearning (Nova ventá)