Inicio

Son Paulo González Ogando, licenciado en Matemáticas, profesor e divulgador. Ademais de dar clase en secundaria, escribo libros e artigos de divulgación e didáctica. Interésame adestrar a mirada matemática para descubrir conexións coa vida cotiá e formular preguntas que nos fagan reflexionar.

Son autor dos libros Bocados Matemáticos e Matemáticas y deporte, e ademais dos meus libros podes consultar os meus artigos e relatorios no apartado de Publicacións. Elaboro actividades interactivas con GeoGebra e imparto obradoiros nos que propoño experimentar, investigar e descubrir matemáticas. Tamén preparo exposicións de divulgación matemática para levar á aula ou á biblioteca escolar. Nesta web reúno ese traballo xunto cos materiais que preparo e selecciono para as miñas aulas.

Ilusión visual de figura e fondo: unha copa ou dous perfís enfrontados.

Recursos

Escolle por onde queres comezar.

GeoGebra

Actividades

Actividades interactivas organizadas por temas para investigar, visualizar e practicar matemáticas.

Compás e regra

Construcións

Construcións con GeoGebra seguindo as normas clásicas da regra e do compás, cun blog e unha recompilación en PDF.

Escribir e divulgar

As matemáticas tamén se contan.

Publicacións

Consultar

Unha listaxe de todos os meus libros, artigos, exposicións de paneis divulgativos, relatorios e obradoiros.

Exposicións

Explorar

Son coleccións temáticas de paneis divulgativos listos para descargar, imprimir e levar á aula ou á biblioteca.

Falamos?

Para preguntar, propoñer ou compartir.

Se queres contactar comigo, podes escribirme ou atoparme nas redes sociais.

paulo@paulo.gal

Un sitio de Paulo González Ogando · Créditos e atribucións. As ligazóns a outras páxinas ábrense nunha pestana nova.