Nesta páxina atoparás materiais relacionados coa aprendizaxe das matemáticas, que che resultarán de axuda na preparación da materia.

 

 

Ola, como es?

Sergi del Moral preparou esta actividade para saber como é o alumnado cando fai matemáticas.

Cálculo mental

Entre as distintas propostas que comparte Manuel Vilariño na súa páxina web atopamos un recurso fantástico para traballar o cálculo mental.

Normas positivas

Xa dende o comezo, en todo momento debes ter claras as normas básicas para a clase de matemáticas. Jo Boaler é profesora de matemáticas e experta en educación, e do seu libro Mathematical Mindsets adaptei este esquema.

Como estudar as matemáticas

Podes basearte nunhas regras xerais para axudarte a estudar matemáticas. Non son de obrigado cumprimento, e non se adaptan exactamente a todas as persoas, pero si que resultan unha boa orientación da cal podes extraer estratexias válidas. Están extraídas de  A Mind for Numbers de Barbara Oakley.

Resolución de problemas

Velaquí un afondamento nos esquemas de resolución de problemas, que comecei co How to solve it de George Pólya e complementei con varias lecturas posteriores.

Preparación de exames

Este cuestionario pretende facerte reflexionar sobre a preparación de exames, sobre todo se recentemente tiveches decepcións coas túas notas. Está baseado en Memo to students who have been disappointed with their test grades, de Richard M. Felder.

Para que serve a álxebra?

A álxebra, tan abstracta ela, vale para máis do que pensas. Incluso aínda que non a vaias precisar de forma directa para a túa vida futura, si que contribúe á túa personalidade proporcionando unha certa bagaxe nuns cantos aspectos.

Glifoteca matemática

A orixe e evolución dos símbolos matemáticos está moi ben recollida no libro Mate-glifos de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Este póster, a modo de recompilación, tomeino prestado do blog de Cibrán Arxibai.

O mapa das matemáticas

Unha idea xeral das distintas ramas das matemáticas. Como podes ver, na educación secundaria só se tocan unhas poucas.

 

O profesor ferrolán Alberto Fuentes explícanos un chisco todas estas ramas das matemáticas nun vídeo.

Derivando en YouTube

Derivando é unha canle de YouTube, na cal o divulgador Eduardo Sáenz de Cabezón fala sobre problemas, curiosidades e outros aspectos das matemáticas e da súa historia. Velaquí algúns exemplos especialmente interesantes nos que explica aspectos desta disciplina.

Matemáticas na animación 3D

Íñigo Quilez, extraballador de Pixar, expón de forma detallada a gran cantidade de matemáticas que se empregan para realizar as animacións 3D que se ven en películas ou videoxogos. En Pixar usan unha técnica chamada xeración procedural, baseada en fórmulas matemáticas que crean algoritmos recursivos.

Una matemática viene a verte

Una matemática vienve a verte é un programa de televisión que se emite semanalmente en La 2 de Televisión Española. Está presentado por Clara Grima (unha matemática moi activa en Twitter) e dedicado integramente á divulgación das matemáticas. Dentro desta, cada programa ten unha temática diferentes, e por tanto todos os capítulos poden resultar de interese.

Vídeos con explicacións

No Departamento de Matemáticas do Sagrado Corazón de Placeres dedicáronse a recompliar vídeos con explicacións de todos os temas da ESO, completando ademais con vídeos elaborados por eles mesmos.