Le o meu blog

O paradoxo da área do triángulo

Moito dubidei con este apartado á hora de etiquetalo, pois non sabía se incluílo cos paradoxos ou cos entretementos xeométricos. Tanto ten, no fondo, como clasifiquemos este paradoxo da área do triángulo, pois en todo caso o peor que pode ocorrer é… que teñamos dobre diversión!

Ben, en realidade, se nos poñemos técnicos, este paradoxo da área do triángulo non é un paradoxo. Se por tal cousa entendemos unha afirmación en aparencia verdadeira que inclúe unha autocontradición lóxica, podemos descartar que se trate dunha situación dese tipo, xa que unha análise concienciuda (máis ben, uns poucos cálculos) convéncenos enseguida de por que os ollos nos enganan nun primeiro momento.

De todos os xeitos, a situación vai seguir o mesmo esquema tipo de outros paradoxos dos que temos falado aquí: formulación do problema – sorpresa, sorpresa, como demos pode ocorrer iso? – explicación. Así que vai no caixón dos paradoxos, basta con adoptar a máxima de “na miña casa, as miñas regras”. E se a vostede non lle gusta, non lea (ui, non quería dicir iso oh, non se me alporice, non se me marche, lea lea, que hai suficientes entradas para que algunha lle preste). Veña, que imos: velaquí o paradoxo da área do triángulo.

Ler máis

Contáctame