Os códigos de barras

Noutro apartado falamos do ISBN, o código que identifica cada libro de xeito unívoco. E mostramos unha imaxe dun código de barras que incluía os díxitos correspondentes a un certo ISBN. Aquel apartado estaba dedicado a explicar en que consiste o ISBN, e agora imos proceder a botar unha ollada a outro tipo de códigos, que están presentes na maioría de artigos que calquera de nós podemos comprar, dende un libro na libraría até a comida no supermercado: os códigos de barras.

Ler máis

Polígonos regulares con regra e compás

Xa se falou aquí da xeometría clásica das construcións con regra e compás e da imposibilidade dentro dela da realización dos tres problemas clásicos: a duplicación do cubo, a trisección do ángulo e a cuadratura do círculo. Imos retomar o tema para falarmos nesta ocasión de polígonos regulares construíbles con regra e compás.

Ler máis

Mates Mike: “los vídeos del canal llegan a suponer 60 horas de trabajo previo”

Para la entrada de hoy he entrevistado a Mates Mike, un divulgador de las matemáticas que en los últimos tiempos viene disfrutando de un notable crecimiento en las redes, cuenta cada vez con más seguidores y está logrando alcanzar más y más visibilidad. El trabajo bien hecho, en su caso, empieza a dar frutos.

Ler máis

Os tres problemas clásicos da regra e o compás

Por influencia da escola pitagórica, os matemáticos da Antiga Grecia concedían gran importancia á xeometría. Dentro desta, gozaban de especial consideración as construcións con regra e compás. O cal non quere dicir que construíran todas as súas figuras planas coa axuda de unicamente estes dous utensilios, senón máis ben que estaban convencidos de que tales construcións eran as máis elegantes. Pero tampouco lles valían todas, e así na xeometría clásica as construcións con regra e compás entendíanse coma o trazado de puntos, segmentos de recta e circunferencias usando exclusivamente unha regra e un compás idealizados. Entre elas atópanse tres construcións que pola súa importancia e relevancia deron en ser chamadas ‘os tres problemas clásicos da regra e o compás’.

Ler máis

Dados non transitivos

Nas matemáticas gozamos cos xogos de azar. Non tanto buscando un beneficio económico nin motivados por unha competitividade que nos leve a buscar incansablemente a vitoria, senón máis ben polo reto intelectual que supón a súa análise. Trátase de estudar aspectos tales coma se se trata dun xogo xusto ou se a medio prazo hai unha perda/ganancia esperada. Ou tamén se algún dos xogadores mantén unha posición gañadora, é dicir, se un dos contendentes pode gañar todas as partidas sen importar a estratexia que siga o seu rival.

Ler máis

O paradoxo de Protágoras

Nesta entrada imos coñecer o paradoxo de Protágoras (485 a.C. – 411 a.C.), que foi un filósofo grego que non debemos confundir con Pitágoras, nome moito máis coñecido grazas ao famoso teorema que leva o seu nome. Contemporáneo de Sócrates e experto en retórica, Platón acredítao coma o inventor do papel de sofista profesional, aquel que toma por oficio o ensino da sabedoría. Non é mal choio. Protágoras percorría a Grecia Antiga cobrando taxas polos seus coñecementos sobre como falar en público ou sobre o correcto uso e pronunciación das palabras.

Ler máis

Área do triángulo

O problema isoperimétrico consiste en atopar a curva que maximiza a área da rexión que encerra, tendo esta un perímetro fixo. Este estudo leva a observar cómo o perímetro e a área dunha figura teñen unha relación inestable, e isto faise patente xa cunha forma tan elemental coma é o triángulo. Na figura 1 vense cinco triángulos todos coa mesma área (comparten base e teñen a mesma altura, e así o será se o vértice oposto á base común xace sobre unha paralela a ela) pero non o mesmo perímetro. Nesta entrada imos facer algunhas consideracións precisamentre respecto da área do triángulo.

Ler máis

O premio Leelavati

A Unión Matemática Internacional (IMU) é unha organización científica internacional, non gobernamental e sen ánimo de lucro que ten como obxectivo primordial a promoción da cooperación internacional en matemáticas. Celebra un congreso cada catro anos, o ICM, que se converte no evento máis importante no eido das matemáticas. Só unha vez se organizou en España, … Ler máis

O Xogo da Vida

The Game of Life, en galego O Xogo da Vida, foi unha das grandes contribucións que nos legou o xenial John Horton Conway (1937 – 2020, arrebatóunolo a COVID-19). Dotado dunha mente aguda, enxeñosa e en constante funcionamento, trátase dunha das personalidades máis rechamantes, admirables e influentes non só do século XX, senón de toda a historia das matemáticas. Recomendo encarecidamente a lectura da súa biografía, escrita por Siobhan Roberts. Paga a pena.

Ler máis

De accidentes e taxis

Hai pouco lin o último libro de divulgación de Adrián Paenza, Matemática y fascinación (Sudamericana, 2021). Por certo, que Paenza comparte os seus libros -con permiso da Editorial Sudamericana- para uso persoal nesta ligazón. Son recomendables, e se aínda non os coñecedes con eles tedes para unhas cantas horas de entretemento. Nun deles souben deste problema, ao que denominei ‘De accidentes e taxis’.

Ler máis