Emmy Noether precursora da álxebra moderna

No eido da álxebra Emmy Noether (1882 – 1935) pode mirar aos ollos de calquera. De calquera. Remarco: de calquera. É o seu un campo moi teórico, dunha gran abstracción. Con todo, as súas aportacións matemáticas colócana nun lugar destacado da historia desta disciplina. Quizais non no primeirísimo chanzo (o de Arquímedes, Newton, Euler ou Gauss), pero poucas dúbidas teño da súa pertenza ao seguinte. Non pode haber unha monografía de historia da álxebra, por curta que sexa, que non inclúa a Noether: ela marca en gran medida o inicio do desenvolvemento que nos levaría á álxebra moderna que plasmaría o movemento bourbakista, ese que tanto influíu nas matemáticas do século XX que chegou incluso ás aulas de secundaria do noso país. Pero ollo, que sen Noether nunca habería Bourbaki. Emmy Noether, precursora da álxebra moderna.

Ler máis