Ángulo óptimo de tiro

Se vostede practicou algo de fútbol, baloncesto ou golf terá escoitado algunha vez ese consello case intuitivo: «bota o brazo cara arriba, cun ángulo óptimo de tiro duns 45 graos, para que chegue máis lonxe». E, en efecto, hai unha sólida xustificación matemática detrás da recomendación. Pero, como veremos, cómpre matizar o que a primeira vista parece a realidade.

Cando lanzamos un proxectil (unha pelota, unha bala de canón, o peso en atletismo etc.) e ignoramos a resistencia do aire, o seu movemento descoñece calquera aceleración na dirección horizontal; só actúa a gravidade, e faino na dirección vertical. O resultado é un chamado ‘tiro parabólico’: a traxectoria debuxa unha parábola perfecta.

Ler máis

Paneis divulgativos sobre ilusións ópticas

Hai unhas semanas compartín con vós unha pequena exposición composta por paneis divulgativos sobre paradoxos. Como quedei satisfeito co produto, decidín seguir explorando este formato de divulgación. Desta volta, decidín centrarme nun tema ao que aínda non lle prestara atención neste blog, pero que sempre esperta curiosidade. Preparei uns paneis divulgativos sobre ilusións ópticas.

Ler máis

Contáctame Le o meu blog