Le o meu blog

Paneis divulgativos sobre ilusións ópticas

Hai unhas semanas compartín con vós unha pequena exposición composta por paneis divulgativos sobre paradoxos. Como quedei satisfeito co produto, decidín seguir explorando este formato de divulgación. Desta volta, decidín centrarme nun tema ao que aínda non lle prestara atención neste blog, pero que sempre esperta curiosidade. Preparei uns paneis divulgativos sobre ilusións ópticas.

Hai tempo que me fascinan as ilusións ópticas. Conseguen sorprendernos e lémbrannos algo moito máis profundo: non vemos o mundo exactamente como é, senón como o interpreta o noso cerebro. Aquilo de <<que o vin eu cos meus olliños>> falla en moitas ocasións; os nosos ollos con frecuencia son de fiar, pero a nosa mirada tamén se trabuca.

Con esa idea naceu esta nova exposición divulgativa, titulada Ilusións ópticas. Unha viaxe polos enganos da percepción visual, formada por vinte paneis nos que se presentan algunhas das ilusións máis coñecidas e sorprendentes da historia.

Cada panel propón un pequeno reto visual e explica, cunha linguaxe accesible, o mecanismo perceptivo que hai detrás: anamorfoses, contornos ilusorios, percepción biestable, ilusións de movemento, efectos cromáticos ou desaparicións aparentes, entre outros fenómenos.

Estes paneis educativos sobre ilusións ópticas están deseñados para seren impresos en DIN A3 a cor, polo que poden empregarse en exposicións, bibliotecas ou actividades de divulgación matemática. O documento reúne os 20 paneis xunto cunha portada nun único PDF, listo para descargar e imprimir.

Agardo que vos resulten entretidos e interesantes.

 Descarga os paneis premendo nesta ligazón ou premendo na imaxe da portada.

ligazón aos paneis de ilusións ópticas

 Tamén está na lapela Publicacións da web

https://paulo.gal/publicacions/

Portada dos paneis divulgativos sobre ilusións ópticas
Portada dos paneis divulgativos sobre ilusións ópticas

Deixa un comentario

Contáctame