Nas últimas semanas, no canto de escribir un novo Bocado Matemático para este blog, decidín botar unha ollada atrás. Revisitando algunhas das entradas xa publicadas, ocorréuseme transformalas nun formato diferente: unha pequena exposición composta por paneis divulgativos sobre paradoxos.
A exposición está formada por 19 paneis, cada un dedicado a un paradoxo que xa compartira, ben neste mesmo blog, ben no meu libro Bocados Matemáticos (Edicións Xerais, 2022). Evidentemente, cada panel ofrece unha versión resumida do correspondente paradoxo. O obxectivo é presentar a idea esencial de forma visual e accesible, mentres que os textos orixinais desenvolven con máis detalle as explicacións, os exemplos e o contexto histórico ou matemático.
Estes paneis educativos sobre paradoxos están deseñados para seren impresos en DIN A3 a cor, polo que poden empregarse en exposicións, bibliotecas ou actividades de divulgación matemática. O documento reúne os 19 paneis xunto cunha portada nun único PDF, listo para descargar e imprimir.
Descarga os paneis premendo nesta ligazón ou premendo na imaxe da portada.
Tamén está na lapela Publicacións da web
https://paulo.gal/publicacions/
