As isometrías do plano son transformacións xeométricas que conservan a distancia entre dous puntos. Son isometrías as translacións, as rotacións ou xiros e as simetrías. Porén, existen outros tipos de transformacións que si cambian as distancias; entre estas imos falar aquí das homotecias.
A definición rigorosa de homotecia é esta: dados un punto fixo O e un número real k, distinto de cero, a homotecia é aquela transformación na que a cada punto P se lle asigna outro punto P’, aliñado con O e P, de tal xeito que
(figura 1).

, é dicir, a distancia entre O e P’ é o triplo da distancia entre O e P.Na definición de homotecia está implícita esta propiedade: se aplicamos a homotecia a un punto, obtense outro punto. Non é difícil darse conta de como as homotecias transforman as formas máis simples e habituais do plano; reparemos nalgúns casos.
-
Unha recta que pasa por O estírase sobre si mesma ao aplicarlle a homotecia. Basta ver a figura 1 para decatarse de que nela cada punto P se separa de O, acabando ao triplo de distancia pero sempre sobre a mesma recta.
-
Unha recta que non pasa por O transfórmase nunha recta paralela a ela, que está a unha distancia k veces máis grande de O.

Na figura 2 tense que
, a homotecia leva a que
. De aí que os triángulos OPQ e OP’Q’ son semellantes, co que os ángulos destes con vértice en Q e en Q’ son iguais e, polo tanto, r e s son rectas paralelas.
-
Unha circunferencia cun centro C que sexa distinto de O transfórmase… noutra circunferencia cun centro C’ que está sobre a recta que une C con O, e con raio k veces máis grande, claro.

Neste caso (figura 3), un punto P da circunferencia transfórmase en P’. A definición de homotecia dinos que
e de aí é que os triángulos OPC e OP`C’ son semellantes, polo que se ten tamén que
, é dicir que se o raio da circunferencia c é r, entón o da circunferencia homotética c’ é 3r.
Tras o estudo das homotecias nestas figuras sinxelas creo que xa estamos en condicións de xeneralizar: unha homotecia é, basicamente, un cambio de escala que se fai en relación cun punto fixo ao que se adoita chamar centro. Se
, a homotecia é unha ampliación da imaxe; se
, é unha redución.

Se temos dous obxectos a escala coma os da figura 4, é posible saber cal é o centro da homotecia? A resposta é afirmativa: basta con unir un punto co seu homotético, repetir o proceso con outro punto (e o seu homotético) e prolongar as rectas até que se corten no punto O (figura 5). Unha vez obtido, achar a razón de homotecia k tamén é doado, basta medir as distancias OP e OP’ e dividir:
.

O descrito até aquí non é senón unha introdución ao que en realidade quería tratar: tres problemas sobre os que acabo de ler nas Aventuras matemáticas de Miguel de Guzmán. Tan só é que me apeteceu escribilos e compartilos.
► Primeiro problema: dados dous triángulos ABC e MNP, constrúe outro triángulo M’N’P’ de lados paralelos aos de MPN que teña os seus vértices así: M’ sobre a recta AC, N’ sobre a recta BC e P’ sobre a recta AB.
Un primeiro achegamento a moitos problemas, polo menos para familiarizarse con el, é o da “forza bruta”. Neste caso, pode comezarse por fixar un punto calquera do triángulo ABC (sen perda de xeneralidade, vouno poñer sobre o lado AB) e trazar paralelas ao triángulo MNP, ben sexa con papel e lapis acompañados de escuadro e cartabón, ou ben con GeoGebra, que é a opción que eu elixín. Na figura 6 pode verse un primeiro resultado, no que primeiro se coloca P1, a continuación obtense M1… e así N1 quedoume “curto”.

Tenteando, tenteando un pode achegarse moito, ás veces quedaremos curtos e ás veces pasarémonos (figura 7). Obter unha aproximación é doado, pero obter o punto exacto non o é.

Porén, como os triángulos
e
teñen os seus lados correspondentes paralelos, resulta que os triángulos
e
son semellantes. Todo iso permite afirmar que, tal e como se fixo a construción,
e
son tamén homotéticos, co centro da homotecia situado no vértice A.
E grazas a esta homotecia, resulta que os vértices N1 e N2 están aliñados con A, do mesmo xeito que calquera outro que podamos achar da mesma forma. Deste xeito, basta con trazar esa recta e marcar a intersección co lado BC: o punto N (figura 8).

Recapitulemos: hai que comezar cun triángulo
que non é solución do problema. A continuación trázase a recta que pasa por A e polo vértice “solto” N1. Obtense o punto de corte N’ entre esta recta e o lado BC. Trázase a paralela a MN que pasa por N’ para obter M’, e a paralela a NP que pasa por N’ para obter P’. Feito! Xa se ten o triángulo M’N’P’ (figura 9), que se pode comprobar que é semellante a MNP. E, en realidade, podemos obter a solución sen necesidade de trazar o triángulo …

E aquí remata este primeiro problema no que botamos man das homotecias… pero Miguel de Guzmán propón un segundo, algo máis esixente, que veremos proximamente noutra entrada.
Relacionado con isto:
-
Guzmáz, Miguel de (1986). Aventuras matemáticas. Editorial Labor, Barcelona.
-
Resolvendo un segundo problema de homotecias e un terceiro, neste mesmo blog. Proximamente.