Le o meu blog

Resolvendo un problema de homotecias

As isometrías do plano son transformacións xeométricas que conservan a distancia entre dous puntos. Son isometrías as translacións, as rotacións ou xiros e as simetrías. Porén, existen outros tipos de transformacións que si cambian as distancias; entre estas imos falar aquí das homotecias.

A definición rigorosa de homotecia é esta: dados un punto fixo O e un número real k, distinto de cero, a homotecia é aquela transformación na que a cada punto P se lle asigna outro punto P’, aliñado con O e P, de tal xeito que \frac{OP'}{OP}=k (figura 1).

Ler máis

Contáctame