Le o meu blog

O paradoxo de Bertrand

Hai unhas décadas adoitaba tomarse a expresión ‘ciencias exactas’ practicamente como sinónimo de ‘matemáticas’, pero hai xa tempo que ningunha disciplina reivindica para si mesma tal condición de exactitude. Si perdura, non obstante, certa tendencia a conferir ás matemáticas un elevado grao de precisión, cousa que sucede en gran medida por parte de persoas alleas a elas. As entendidas saben ben que nalgunhas ocasións se dá esa exactitude, e noutras non.

En resumidas contas, nas matemáticas non sempre existe unha solución única nin un só razoamento válido cando se trata de resolver un problema. Xa contei nos Bocados Matemáticos (2022, Edicións Xerais) como o teorema de Pitágoras ten o récord Guinness para o teorema con máis demostracións diferentes -cóntanse por centos-.

Ler máis

Contáctame