O paradoxo de Grelling-Nelson

Un campo que fai agromar un bo feixe de paradoxos é o das autorreferencias; entre eles os máis coñecidos seguramente sexan o do mentiroso ou o do barbeiro que afeita a todos aqueles que non se afeitan a si mesmos. Neste apartado imos explorar outra situación análoga, que foi formulada por Kurt Grelling (1886-1942, figura 1 á esquerda) e Leonard Nelson (1882-1927, figura 1 á dereita) no ano 1908. No típico alarde de orixinalidade, coñécese coma o paradoxo de Grelling-Nelson.

Pense vostede en adxectivos, cantos máis se lle ocorran mellor. E vaia clasificándoos en autolóxicos e heterolóxicos do seguinte xeito: un adxectivo é ‘autolóxico’ se e só se se describe a si mesmo, mentres que un adxectivo é ‘heterolóxico’ se e só se non se describe a si mesmo. Por exemplo, galego, lexible ou esdrúxula son autolóxicas, e por contra infinito, longa ou monosilábico son heterolóxicas.

Ler máis