No mundo do deporte hai moitas matemáticas. Cada vez máis. Xa hai tempo que os preparadores se decataron da grande axuda no rendemento deportivo que supuña a aplicación dos avances científicos. E as matemáticas non podían ser menos. Eu mesmo rescatei algunhas das relacións entre matemáticas e deporte para dar a luz a este libro, publicado por Catarata en 2022.
Avances en tecnoloxía, nutrición, biomecánica, métodos de adestramento e descanso… son moitos os aspectos nos que a investigación axudou a desenvolver e mellorar o deporte, de xeito que actualmente nos esteamos a encontrar cos mellores rexistros nunca obtidos en multitude de disciplinas.