Le o meu blog

O xogo do caos

Hai uns meses deume por ler ‘The mathematics that every secondary school math teacher needs to know’, de Alan Sultan e Alice F. Artzt. Unha lectura interesante, que non imprescindible, e que pode ser recomendable para persoas recentemente graduadas que estean dirixindo os seus pasos cara a docencia en secundaria, e tamén para profesorado de matemáticas que proveña doutras titulacións. Algo sempre se ha sacar en claro, aínda que só sexa dunha ollada a partes escollidas do libro.

Ler máis

A curva de Hilbert

A curva de Hilbert é unha construción xeométrica moi doada de elaborar e que conta cunhas propiedades ben curiosas. Para coñecela, o primeiro que se debe facer é definila, e iso faise mediante un algoritmo recursivo (vostede pode intentar debuxala con lapis e papel seguindo a definición, ou pode optar por observar directamente a figura 1, onde aparecen as primeiras etapas do proceso):

Ler máis

Contáctame