Le o meu blog

O paradoxo do corvo

O método científico consiste na observación sistemática da realidade, a partir da cal se establece unha hipótese, procedendo a deseñar probas para tratar de refutala ou confirmala. Tras analizar os resultados, a hipótese ou ben se dá por válida ou ben se descarta, existindo tamén o termo medio de modificala e repetir o proceso.

Había unha vez unha moza, imos chamala M, que estaba a estudar o método científico na escola e por iso descubriu o paradoxo do corvo. Un bo día, dando un paseo polo campo, observou un paxaro. Era un corvo. E era negro. Nese momento M conxecturou que «todos os corvos son negros». Ese mesmo día, até que volveu a casa, reparou en oito corvos máis. Todos eran negros, polo que M considerou que a súa hipótese estaba debilmente confirmada.

Ler máis

O paradoxo do día da semana inesperado

Teño lido varias versións distintas do paradoxo do día da semana inesperado que, en realidade, veñen ser todos o mesmo porque se basean nunha mesma situación. Non lle sei ningún nome alusivo que se empregue habitualmente, máis ben semella que cada versión ten o seu propio bautismo, coma o paradoxo do exame sorpresa, o paradoxo do aforcamento inesperado ou o paradoxo do regalo sorpresa (véxase na referencia de Bunch). A variante que vou contar aquí é a que tal vez se poida trazar como a orixinal, ou polo menos a primeira da que parece terse constancia. De todos os xeitos, como non creo que teña especial relevancia a cal das versións nos acheguemos, nestas liñas eu só lle vou contar unha a vostede, e déixolle as ligazóns anteriores por se quere coñecer outras.

Ler máis

Contáctame