Quen non se viu envolto algunha vez nesta situación: repartir unha torta entre dúas persoas lambonas de tal xeito que ningunha delas queda insatisfeita por pensar que a outra quedou cun anaco máis grande. Eu son un larpeiro de manual e non teño problema ningún en recoñecer que se considero que o meu anaco é máis pequeno, vou mirar para o outro con envexa e proceder a queixarme.