Le o meu blog

As quendas de penaltis

As quendas de penaltis son un procedemento empregado no fútbol (e noutros deportes; si, existe algún que outro ademais do fútbol) para decidir o gañador dunha eliminatoria que remata en empate tras o tempo regulamentario e, de ser o caso, a prórroga. No fútbol, consiste en que cada equipo executa, de forma alternada, unha serie inicial de cinco lanzamentos dende o punto de penalti: un tiro directo fronte ao porteiro rival, sen defensas (figura 1). O equipo que marca máis goles tras eses cinco intentos resulta vencedor; de persistir a igualdade continúase cunha morte súbita de lanzamentos sucesivos até que nunha mesma rolda un equipo marque e o outro falle. É un método que introduce gran tensión e emoción, pois cada disparo pode ser decisivo.

Ler máis

Canto corre un futbolista

Existe certo consenso en que o fútbol é un deporte de bastante esixencia física. Non é que sexa o máis duro (o rugby ou o fútbol americano son máis brutais, a ximnasia rítmica máis técnica e meticulosa, o tríatlon máis extremo etc.), pero hai que recoñecerlle que é de alta intensidade. Integra resistencia, forza, contactos e presión mental e, sobre todo, involucra distintos tipos de esforzo e require frecuentes arranques explosivos: os e as futbolistas están constantemente acelerando e desacelerando, á vez que alternan esprintes de 2-3 metros e de 30-40 metros. Entón, canto corre un futbolista?

Ler máis

Cantos goles se marcan no fútbol

Non é doado predicir cantos goles se van marcar nun partido. Non obstante, non son moitas as opcións realista. Tampouco é sinxelo anticipar en que minuto se producirán. As casas de apostas lúcranse con estas circunstancias. Se vostede segue La Liga, lea as seguintes preguntas e detéñase a aventurar a súa resposta, baseada nas súas propias percepcións, antes de avanzar coa lectura. Cantos goles se marcan no fútbol? En cal das dúas metades dun partido se producen máis goles? Se dividimos a duración do encontro en intervalos de 15 minutos, en cal dos seis se anota máis goles?

Ler máis

Contáctame