Le o meu blog

O algoritmo de Dijkstra

Cando nos enfrontamos a problemas de optimización, a intuición enseguida nos di que atopar a mellor solución posible -mellor, no sentido de máis barata, máis curta ou máis rápida- adoita ser unha tarefa titánica, debido ao colosal tamaño de opcións que implican. Abonda con pensar en exemplos coma o coñecido problema do viaxeiro: o número de rutas posibles medra de maneira explosiva, até facerse inabordable mesmo para os ordenadores máis potentes. Neste contexto, resulta especialmente interesante o algoritmo de Dijkstra, que aborda con eficiencia un problema que, a priori, semella complexo: atopar o camiño máis curto entre dous puntos nunha rede.

Ler máis

O paradoxo da amizade

Xa teño falado nalgunha ocasión de teoría de grafos: unha rama das matemáticas que, curiosamente, ten a súa orixe nun problema moi concreto, o das pontes de Königsberg. Pero como hoxe non quería falarlle del, senón do paradoxo da amizade, limítome a lanzar o guante en espera de que vostede queira recollelo. Hai moitas referencias para profundar nel, pero permítome recomendarlle a de López e Fornals (2019), que o explican de forma moi sinxeliña, tomándoo como escusa para falar de matrices. Tres séculos despois de que Leonhard Euler (1707 – 1783) resolvese ese problema, na actualidade a teoría de grafos é unha das linguaxes máis potentes para describir redes, conexións e relacións.

Ler máis

Contáctame