Multiplicar e dividir fraccións

As operacións con fraccións parecen causar bastantes dificultades aos nosos escolares. No caso da suma e a resta o obstáculo semella máis computacional que comprensivo, pois son máis doadas de interpretar, pero o seu cálculo require reducir as fraccións a común denominador; é este último o paso que adoita atragoarse a unha cantidade nada desdeñosa de estudantes.

Porén, multiplicar e dividir fraccións adoita ofrecer menos problemas de cálculo, pero máis de entendemento. Quizais porque deseguida dominan as contas, os estudantes rapidamente dan por sabidas estas operacións e deixan a un lado a comprensión conceptual, o porqué de facérmolas coma as facemos. De aí que as vaiamos retomar nas liñas seguintes.

Ler máis

O ‘x’ como incógnita

O uso da letra x como incógnita nas matemáticas e máis concretamente na álxebra é unha desas cuestións que transcenden esa ciencia. Moitas persoas poden non recordar gran cousa das matemáticas que estudaron na escola nin terse achegado a elas dende entón, pero por moitos anos que pasasen rapidamente asocian o x coas matemáticas.

Ler máis

Área do triángulo

O problema isoperimétrico consiste en atopar a curva que maximiza a área da rexión que encerra, tendo esta un perímetro fixo. Este estudo leva a observar cómo o perímetro e a área dunha figura teñen unha relación inestable, e isto faise patente xa cunha forma tan elemental coma é o triángulo. Na figura 1 vense cinco triángulos todos coa mesma área (comparten base e teñen a mesma altura, e así o será se o vértice oposto á base común xace sobre unha paralela a ela) pero non o mesmo perímetro. Nesta entrada imos facer algunhas consideracións precisamentre respecto da área do triángulo.

Ler máis

Criterios de divisibilidade

Durante os anos escolares aprendemos un feixe de criterios de divisibilidade, que permiten decidir dun xeito moi doado se un número dado é divisible ou non por 2, 3, 4, 5, 9, 10 ou 11, sen necesidade de resolver a división. Obviamente, se dispomos dunha calculadora a conclusión é inmediata sen -case- esforzo; estes criterios son útiles na medida en que permiten aforrar cálculos a man por resultaren máis rápidos que completar o algoritmo da división. Iso si, vou avisando xa: esta entrada contén certa cantidade de cálculos con congruencias. Se a vostede se lle fai demasiado costa arriba, pode sen ningún medo prescindir desa parte; quede nese caso coa lectura dos criterios, entenda os exemplos e practique algún máis pola súa conta. Tamén lle ha prestar.

Ler máis