Napoleón e as matemáticas

Habitualmente relacionamos a Napoleón Bonaparte (1769 – 1821, figura 1) cos manuais de Historia, o cal ten todo o sentido do mundo porque se trata dun personaxe histórico de gran relevancia. Como militar e estadista, creo que a súa incidencia no devir dos asuntos europeos do século XIX é innegable. Pero Napoleón e as matemáticas tamén atopan unha vinculación. Son incuestionables os seus éxitos como estratega militar, e en todo caso sería discutible se os seus triunfos poden estar motivados en parte polos seus coñecementos matemáticos, xa que parece ser que entre as súas virtudes estaba o perfecto uso da artillaría e a xenial colocación dos canóns para realizar bombardeos.

Ler máis

Emmy Noether precursora da álxebra moderna

No eido da álxebra Emmy Noether (1882 – 1935) pode mirar aos ollos de calquera. De calquera. Remarco: de calquera. É o seu un campo moi teórico, dunha gran abstracción. Con todo, as súas aportacións matemáticas colócana nun lugar destacado da historia desta disciplina. Quizais non no primeirísimo chanzo (o de Arquímedes, Newton, Euler ou Gauss), pero poucas dúbidas teño da súa pertenza ao seguinte. Non pode haber unha monografía de historia da álxebra, por curta que sexa, que non inclúa a Noether: ela marca en gran medida o inicio do desenvolvemento que nos levaría á álxebra moderna que plasmaría o movemento bourbakista, ese que tanto influíu nas matemáticas do século XX que chegou incluso ás aulas de secundaria do noso país. Pero ollo, que sen Noether nunca habería Bourbaki. Emmy Noether, precursora da álxebra moderna.

Ler máis

O paradoxo de Braess

Algo que moito me fascina é o carácter abraiante dos paradoxos. Resultan chocantes, estraños e até incribles. Incluso en ocasións obrigan a que releamos o texto para convencernos de que realmente o que acabamos de ler ten algún sentido. Nas próximas liñas vai vostede ler sobre un deses que ao coñecelo deixa a cabeza abaneando coa impresión. Prepárese para coñecer o paradoxo de Braess.

Ler máis

Comezamos co blog

Si, isto é un blog. Si, xa sei, estamos no ano 2023. Nas redes triunfan YouTube, Twitch, Twitter, Instagram, TikTok e outras polo estilo. E vou eu e comezo cun blog, coma se isto fose 2013 ou 2008. Pero todo ten un porqué. A min o que me gusta é ler, e o que me … Ler máis